Blog

Xeométrica entre los ganadores de Pont-Up Store 2015, además mención especial del jurado.

  |   Sin categoría

Blog Pont-Up Store. Pontevedra, 26 de septiembre de 2015.

Na clausura do encontro, o comité organizador do Pont-Up Store quixo premiar aos mellores emprendedores de cada sector, valorando non so os proxectos, senón tamén a súa posta en escena dentro dos stands, e a xestión e interacción dos emprendedores co público e cos posibles clientes e inversores.

 

No sector da alimentación e agricultura ecolóxia o premio recaeu en Veigas de Sabugueiro SL, un pequeno obradoiro de posta en valor do sabugueiro, un arbusto moi abundante en Galicia e con ningún aproveitamento gastronómico. Esta empresa elabora a partir do sabugueiro xaleas, marmeladas, licor e cervexa. Ademais son os únicos do estado especializados no sauco.

 

Ingenieria Sincofa SL fíxose co galardón no campo das consultoría e xestión de servizos a empresas, cunha proposta baseada nas enerxías renovables na que garanten o maior aforro co menor investimento. Son a primeira empresa en realizar un Informe de Avaliación de Edificios (IEE) en Pontevedra.

 

No ámbito do deseño gráfico e a comunicación, Peter’s Room foi o proxecto mellor valorado grazas ao seu catálogo de creadores emerxentes, na súa maioría galegos, aos que ofrece un escaparate e oportunidades de negocio ás personas que queren facer da creatividade a súa forma de vida.

 

No Deseño de moda, complementos e decoración, Mona Gerarda demostrou ser un dos stands máis visitandos grazas ao seu “laboratorio de camisetas creativas”, como lles gusta llamar ao seu proxecto onde as camisetas son a base das súas creación. Orixinalidade, creatividade e procesos nos que o comprador pode intervir personalizando a súa propia camisola-pizarra foron as claves do seu éxito.

 

No campo da educación, o ocio, a cultura e a saúde, Alvamar Náutica, convenceu cun proxecto orientado ao turismo náutico con actividades innovadoras como a da ruta vikinga e as visitas a Cortegada como parte do Parque Nacional illas atlánticas.

 

E finalmente, no mundo das enxeñerías e as TIC, Xeométrica destacou moi por riba de todos os proxectos da feira cun software tecnolóxico punteiro e referente na aplicación de enxeñería xeomática aplicada a moitos sectores profesionales. Traballan con drones que albergan diversos tipos de sensores específicos (RGB, multiespectral e térmico) que aplicamos en campos tan diversos como a dixitalización métrica de elementos patrimoniais: castros, petroglifos, etc., a inspección vexetal (agricultura de precisión) e a inspección de palas de aeroxeneradores. A pesares do pouco tempo que levan funcionando, xa conseguiron acreditarse como operadores aéreos RPAS ante l Axencia Estatal de Seguridade Aérea española.