EQUIPO

UNHA ENXEÑERÍA
DIFERENTE

Descargar PDF

Somos unha empresa galega de enxeñería, nova, dinámica, cunha oficina técnica innovadora e experimentada, constituída a fin de proporcionar solucións técnicas a un amplo abanico de nichos profesionais que xorden ao abrigo das novas tecnoloxías dispoñibles hoxe en día.

 

Os nosos principios conflúen en ofrecer uns servizos técnicos adaptados, especializados e de calidade aplicando as novas tecnoloxías dispoñibles: profesionalidade, ética, eficiencia e medio ambiente.

O noso principal valor somos
nós, coñecenos!

xeometrica ROBERTO CABECEIRA

Roberto Cabeceira

Enxeñeiro Forestal
CEO & Technical Manager
roberto@xeometrica.es

xeometrica JOSE TEIJEIRO

Jose Teijeiro

Técnico de Proxectos
Technic & Design 3D
jose@xeometrica.es

xeometrica-Lorena da Cruz

Lorena da Cruz

Técnico Electrónico
Technic & Design 3D
lorena@xeometrica.es

xeometrica OSCAR LORENZO

Óscar Lorenzo

Lic. Empresariais
Sales Manager
oscar@xeometrica.es

ALTA ESPECIALIZACIÓN TÉCNICA, SOLUCIÓNS REAIS E ÉTICA PROFESIONAL

Involucrámonos firmemente en cada proxecto obtendo sempre os mellores resultados.
Ofrecemos servizos especializados que non presentan unha barreira técnica ou económica para os nosos clientes.

As nosas características

ESPECIALIZACIÓN E ADAPTACIÓN
Ofrecemos uns servizos técnicos especializados e adaptados ás necesidades de cada cliente.

CAPACITACIÓN PROFESIONAL
Unha formación de alta capacitación técnica que distingue a posibilidade de actuación da nosa oficina técnica entre a actual e futura competencia do sector.

SEGURIDADE E PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Cumprimos completamente a Normativa de Seguridade e Prevención de Riscos Laborais vixente. É un principio básico da nosa empresa a seguridade dos nosos traballadores no desenvolvemento de todas as nosas operacións técnicas.

MAQUINARIA INDUSTRIAL DE VANGARDA
Empregamos equipos industriais específicos de altas prestacións e de marcas recoñecidas do sector.

CALIDADE DE SERVIZO
A nosa intención é brindar uns servizos técnicos de alta calidade.

MAQUINARIA INDUSTRIAL DE VANGARDA
Empregamos equipos industriais específicos de altas prestacións e de marcas recoñecidas no sector.

CONTINUO I + D
Mantemos unha relación dinámica con diversos organismos adicados á investigación e o desenvolvemento de novas tecnoloxías relacionadas co noso sector.